OurenseSanidadeSen categorizar

XLIII Reunión da Sociedade Galega de Otorrinolaringoloxía en Ourense

Analizáronse temáticas relacionadas coa reeducación auditiva, os tumores en pacientes inmunodeprimidos ou a cirurxía funcional no cancro de larinxe, entre outras
Acto inaugural deste encontro en Ourense.
Acto inaugural deste encontro en Ourense.

Ao longo da xornada do 13 de xuño o salón de actos do Centro Cultural “Marcos Valcárcel” en Ourense convertíase en escenario da “XLIII Reunión da Sociedade Galega de Otorrinolaringoloxía (SGORL)”. En sesións de mañá e tarde desenvolvéronse un total
de tres conferencias, dúas mesas redondas, un seminario e a reunión da SGORL.

No decurso dos diferentes relatorios abordáronse temáticas relacionadas coa reeducación auditiva, os tumores en pacientes inmunodeprimidos, a cirurxía funcional no cancro de larinxe e o manexo cirúrxico da parálise facial.

O acto de apertura deste encontro galego contou coa asistencia do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o vicepresidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o presidente da SGORL, Andrés Soto; o presidente do comité organizador, Manuel Blanco; e Miguel González, en representación da Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button