
A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos, en colaboración coa Área de Medio rural da Deputación de Lugo, celebrará o vindeiro sábado 27 de setembro unha xornada 360 sobre o sector da castaña.
A xornada desenvolverase ao longo de todo o día no Auditorio Municipal de Escairón, concello de Saviñao (Lugo) e comezará ás 9:15 h.
Os participantes serán os seguintes:
- Miguel Ángel Vázquez de la Mata, de Viveros Castanea Sativa (O Bierzo). Charla sobre iniciación a castañicultura.
- Antonio Rigueiro. Presidente da Asociación Forestal de Galicia. Os valores dos soutos galegos.
- Beatríz Míguez. Investigadora no CIF de Lourizán. Últimos avances en investigación relacionados co castaño.
- I Showcooking da castaña. Demostración e degustación. Domingo González Lorenzo. Chef do Hotel Balneario Caldaria. Lobios – Xurés – Ourense
- Manuel López Secretario da IXP Castaña de Galicia. A situación actual do sector da castaña en Galicia.
- Mesa redonda sobre a problemática actual do sector e perspectivas de futuro. Participantes:Representante da Asociación Galega das Castañas e os Soutos, Miguel Areán. Castañas Naiciña – Chantada, Saúl Sánchez. Castañicultor e gandeiro. Samos, Manuel López Secretario da IXP Castaña de Galicia, Antonio Rigueiro. Presidente da Asociación Forestal de Galicia , Miguel Ángel Vázquez de la Mata. Viveros Castanea Sativa. O Bierzo – León.

A inscrición realizarase nos teléfonos 661952289 e 630054464, a data límite para inscribirse rematará o 22 de setembro, a inscrición se limita a 50 persoas e o coste da xornada é de 20 €.
