O salón de actos da Casa de Viloira (O Barco) acollía esta mañá unha xornada formativa do sector turístico, titulada “Introdución ao marketing dixital turístico”, promovida dende o Plan de Sustentabilidade Turística en Destino “Valdeorras Ruta do Viño Milenaria”.
Este PSTD está sendo coordinado dende o GDR Valdeorras e nel participan os nove concellos da comarca: O Barco, A Rúa, A Veiga, O Bolo, Petín, Vilamartín, Rubiá, Larouco e Carballeda de Valdeorras.
Fotos: O SIL.