DeportesÚltima hora

Xornada “Escalar para conservar. Compaginando Petrocoptis sp. y escalada”, en Ponferrada

Celebrarase o 31 de outubro a partir das 10h. no salón de actos do Campus de Ponferrada

 

Pola procura de viabilidade legal da escalada en espazos naturais ou con presenza de valores protexidos aposta o proxecto Prioconex, que se está a realizar coa Petrocoptis Grandiflora como principal protagonista. Estanse a dar os últimos pasos da primeira fase deste proxecto e, neste marco, vai ter lugar mañá, 31 de outubro, unha xornada en Ponferrada para a coñecer as súas primeiras conclusións

O título do encontro é “Escalar para conservar. Compaginando Petrocoptis sp. y escalada” e terá lugar entre as 10h. e as 14h. no Campus de Ponferrada (no Salón de Actos 6ª planta. Edificio Central).

O programa será o seguinte:

10:05h. Presentación das xornadas. Cristina G. Martín Cruz. Xefa de Sección de Uso Público. Servizo de Espazos Naturais, Flora e Fauna. DGPNyPF. JCyL.

10:15h. “Escalada en Roca: Moito máis que un deporte”. Katya Sanz Ochoa. FEDME.

11:00h. “A transcendencia do hábitat rupícola na conservación biolóxica”. Luis Costa Pérez. Parque Nacional de Picos de Europa. JCyL.

11:40h. “O Caso Sobrado/La Chana”

a) 11:40Presentación do caso e marco legal. Roberto Núñez Santalla. Técnico JCYL.

b) 12:00“Experiencia de xestión de especies de flora en hábitats rupícolas” Pablo Tejero Ibarra. IPE-CSIC

12:50h. Mesa redonda. 14h. Despedida e peche de xornada

 

Artigos relacionados

Back to top button