Celebrada no acolledor local social de Caxide (Parada de Sil), tiña lugar unha xornada micolóxica que pola mañá estivo adicada a adultos e pola tarde a cativos O micólogo Alejandro Mínguez, acompañado do seu pai Ricardo, facía unha exposición didáctica e logo unha saída ao campo a recoller cogomelos, con bastante éxito pese ás baixas temperaturas. Esta actividade foi promovida polo Concello de Parada de Sil e a ANPA “Os Noviños”, sempre dinamizada por Leticia.
Unha vez recolidos os cogomelos, Alejandro cociñaba tres clases de ensalada con diferentes tipos de fungos, unha tosta de queixo con fistulina hepática e un arroz con leite con cogomelos e mel. Os cativos pola tarde tomaron un chocolate con bica de Parada e tostas.

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, sinala a importancia de transmitir ás novas xeracións o coñecemento dos cogomelos para evitar perigos na recollida e na inxesta dos mesmos e incluso para estimulalos a que desfruten do campo no outono, onde a caída da folla ofrece unha paisaxe inigualable.
Fotos cedidas.
