
Uns 140 profesionais de enfermería de Atención Primaria participan dende a tarde do 17 de outubro en Ourense nas “IV Xornadas Científicas da Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria (AGEFEC)”, organizado por profesionais de enfermería dos Centros de Saúde de Ourense. O encontro comezaba cos Obradoiros e proseguirá os días 18 e 19 de outubro no Centro Cultural Marcos Valcarcel.