
O vindeiro martes 26 de novembro a partir das 19h. o salón de actos da Casa Grande de Viloira (O Barco) acollerá as “Xornadas Técnicas gratuítas en Prevención de Riscos Laborais”, que terán lugar no Barco de Valdeorras. Esta acción está organizada pola Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense (ACO), en colaboración coa Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA).
Estas xornadas gratuítas teñen como obxectivo fomentar unha cultura preventiva no ámbito empresarial, abordando os aspectos clave da seguridade e benestar no traballo. “Trataranse temas de gran relevancia, como a actuación inspectora en obras de construción, a responsabilidade preventiva no sector da construción e a xestión da prevención en obras con amianto e accidentes in itinere”, segundo a organización.
O encontro contará coa participación de expertas na materia, entre elas, Tania Lamas Pérez, inspectora de Traballo e Seguridade Social de Ourense; e Patricia Novoa Vázquez, técnico superior en Prevención de Rochas Laborais.