ConcellosÚltima hora

A Xunta destina 25.000 euros ao impulso da LIV Festa do Pulpo do Carballiño

A directora de Turismo de Galicia di que estas iniciativas contribúen a mellorar os datos no sector, que en Ourense experimentaron un incremento dun 17% nos aloxamentos no que vai de ano
Castro e Fumega, esta mañá, tras asinar o acordo de colaboración.
Castro e Fumega, esta mañá, tras asinar o acordo de colaboración.

A LIV Festa do Pulpo do Carballiño está a piques de iniciar a conta atrás para a súa celebración. Neste marco, a Xunta quixo colaborar co concello para impulsar unha das festas gastronómicas máis importantes do panorama galego e nacional. Así, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, reuniuse hoxe co alcalde da vila ourensá, Francisco Fumega, para asinar un acordo mediante o cal o goberno autonómico destina unha partida de 25.000 euros.

Nava Castro enxalzou a celebración, que cada ano prepara 40.000 quilos deste produto para a súa degustación. Lembrou que conta coa catalogación de Festa de Interese Turístico Nacional dende o 2012 o que, segundo ela, recoñece “o seu arraigo, antigüidade, singularidade e valor cultural”.

Aproveitou para recordar que a gastronomía é un dos principais motores que impulsan o turismo na comunidade galega, algo que tamén se cumpre en Ourense. Nesta liña, a responsable de Turismo da Xunta afirmou que se melloraron os datos no xeodestino da provincia, onde nos primeiros cinco meses deste ano a cifra de viaxeiros aloxados sobrepasou os 108.000, experimentando un incremento do 17,1%. As pernoitas subiron até un 22,4%, con preto de 200.000 rexistros.

Artigos relacionados

Back to top button