ConcellosÚltima hora

Os Xulgados do Carballiño estrean oficina de atención ás vítimas de xénero

Representantes da Xunta visitan as dependencias xudiciais e anuncian que se renovará o equipamento térmico coa instalación dunha caldeira de biomasa
Manuel Pardo e Marisol Díaz Mouteira, esta mañá, cos traballadores dos Xulgados do Carballiño.
Manuel Pardo (esquerda) e Marisol Díaz (dereita), esta mañá, cos traballadores dos Xulgados do Carballiño.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, xunto co xefe territorial da Conellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Manuel Pardo, visitou hoxe, 12 de maio, o edifició que acolle os Xulgados do Carballiño coincidindo coa posta en marcha da nova oficina para a atención das vítimas de xénero.

Dende a Delegación Territorial da Xunta en Ourense din que este novo departamento permitirá “unha atención persoal, respectuosa e individualizada” co que se pretende evitar a confrontación visual co presunto agresor e co público que acuda ás dependencias xudiciais.

Os representantes da Xunta interesáronse durante a súa visita polas necesidades das instalacións.
Os representantes da Xunta interesáronse durante a súa visita polas necesidades das instalacións.

Por outra banda, Díaz Mouteira e Pardo aproveitaron a súa visita para coñecer de primeira man as necesidades do edificio. Tamén anunciaron un novo proxecto que a Xunta porá en marcha para renovar o equipamento térmico, coa instalación dunha caldeira de biomasa.

Según se concretou, o proxecto, que se complementará coa climatización da segunda planta e a instalación de persianas na galería, enmárcase no novo Plan de Eficiencia Enerxética e Obras Menores dos edificios xudiciais. Está previsto que se prolongue durante tres anos e prevé 14 actuacións na provincia ourensá.

O obxectivo final é reducir o consumo eléctrico e mellorar as condicións laborais dos traballadores e o medio ambiente.

Texto: Sara Fontenla

Artigos relacionados

Back to top button