ConcellosParada de SilÚltima hora

Xuntanza da veciñanza de Sacardebois (Parada de Sil)

 

A parroquia de Sacardebois (Parada de Sil) celebrou unha reunión máis de confraternidade para degustar un menú de empanada, xamón asado, cordeiro e unha ampla mostra de sobremesas elaborados por varios veciños: tartas, flan ou rosquillas. Todo isto acompañado de viño mencía “cosecheiro” aportado polos comensáis.

En dita reunión acordaron celebrar un ano máis a festa do magosto, que será o 9 de novembro. Trátase da máis antiga e tradiconal de todas as que se celebran no concello de Parada de Sil e que estará organizada por a asociación que preside Yolanda García e o seu equipo, sendo unha das asocicións do concello máis dinámica

Na xuntanza partcipou o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, que manifesta o seu contento polo feito de que “a veciñanza se xunte para compartir e organizar eventos tradicionais, mantendo a memoria” e comprometeu a colaboración do Concello para a organización do magosto.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button