OurenseÚltima hora

A XVI Mostra de Teatro de Sencundaria volve do 2 ao 12 de maio

A Mostra de teatro de secundaria, a MOTECES, celebra a súa décimo sexta edición do 2 ao 12 de maio de 2017 no Salón de Actos da Escola Municipal das Artes Escénicas. Neste evento participan un total de nove grupos formados por alumnos de Educación Secundaria de nove centros: os IES Xesús Ferro Couselo, E. Blanco Amor, Universidade Laboral e As Lagoas, o CIFP Carballeira, e os CPR Sto. Ángel, Divina Pastora, Divino Maestro e Sta. Teresa de Jesús

A MOTECES ten como obxectivo principal que os grupos de teatro escolares da cidade teñan a oportunidade de actuar sobre un escenario real e así poder poñer en práctica todo o aprendido.

A concelleira e Educación, Belén Iglesias, dixo que “esta mostra vai máis aló dunhas meras representacións, xa que durante estes nove días, moveremos uns 1.100 alumnos e alumnas de Secundaria que asistirán como público xa que é importante para nos formar espectadores críticos e animar o alumnado a practicar teatro”, afirmou. “O teatro é unha ferramenta moi útil en moitos aspectos da vida e na formación das persoas”.

Como actividade paralela, levouse a cabo tamén o V Concurso de deseño de carteis MOTECES, do que saíu o cartel anunciador da mostra deste ano que foi realizado por unha alumna de ESO do CPR A Purísima.

Ao concurso presentáronse un total de 38 traballos e o agasallo á autora deste cartel será entregado no acto de clausura da MOTECES o día 12 de maio, tras a última representación da mostra.

Cartel da MOTECES.

 

Artigos relacionados

Back to top button