
O Club Peña Trevinca Barco organizará o venres 31 de xullo, coa colaboración do Concello do Barco de Valdeorras, a XVII Andaina “Os Mouchos”, unha cita xa tradicional no calendario desta entidade.
As inscricións poden facerse de xeito directo o mesmo día da Andaina na porta do Concello
Desde as 22.30h. O club recomenda aos participantes levar “frontal, chaleco e ganas de dar un paseo ao redor do Barco con xente”.
