CulturaCulturaÚltima hora

XXI Encontro de Poetas no Val de Quiroga

Terá lugar o vindeiro sábado, 31 de agosto, na Casa da Cultura

O poeta Emilio Vega, durante un encontro de poetas na Rúa. Foto: Mónica G. Bellver.

 

O XXI Encontro de Poetas no Val de Quiroga, terá lugar o vindeiro sábado, 31 de agosto, na Casa da Cultura de Quiroga. Será a partires das 19:00 horas e estará presentado polo poeta ponferradino Emilio Vega. Así, o pregoeiro desta edición será o poeta de Chantada, Ramón Rodríguez Porto.

Ademais, o acto contará coa música en directo do cantautor Javier Rodríguez Soutela, e o dúo Yoton, integrado por Toni Eudosieva e Yoan Grudikov. Dende o Concello de Quiroga, organizador da actividade, queren “fomentar o interese pola literatura en xeral e pola poesía en particular, ademais de ofrecer a posibilidade de desenvolvemento da creatividade de todos os poetas e as poetisas, algúns ata este intre no anonimato, que atopan neste tipo de eventos o lugar axeitado para expresar e mostrar a súa obra”.

O prazo para inscribirse, está aberto ata mañá, día 28 de agosto, na Casa da Cultura de Quiroga ou no teléfono 982 43 51 25.

Artigos relacionados

Back to top button