EconomíaEconomíaÚltima hora

XXXIII Festa da Castaña do Caurel, o vindeiro 5 de novembro

O pregón nesta edición correrá a cargo do cociñeiro e presentador Xoanqui Ameixeiras

 

O Concello de Folgoso do Courel celebra o vindeiro 5 de novembro a XXXIII Festa da Castaña do Caurel, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. A cita, que se celebrou por última vez no ano 2019 en Seoane por mor da pandemia, levarase a cabo en Folgoso do Courel ao longo de todo o día. O pregón nesta edición correrá a cargo do cociñeiro e presentador Xoanqui Ameixeiras.

Dende o Concello agradecéselle aos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria do CPI Poeta Uxío Novoneyra o seu labor como autores do cartel que anuncia a festa.

Programa

Ás 12:00 horas está prevista a apertura do recinto e representación de música de raíz con Xavier Blanco da Fundación Legar.

Ás 13:00 horas haberá unha degustación de pratos elaborados con castaña a cargo da Asociación Cociñeiros Lugo.

Ás 13:30 horas será o pregón a cargo do cociñeiro e presentador Xoanqui Ameixeiras.

De seguido farase a entrega de trofeos do III Concurso de Tapas da Castaña.

Haberá unha actuación do grupo Gaitas e Cantores do Courel.

Degustación gratuíta de castañas e viño durante a mañá e ata a tarde-noite amenizada por unha charanga e o grupo O Recanto.

Ás 18:30 horas Concerto Falando a Música con Rosa Sánchez e Pablo Carpintero na carpa da Praza do Concello.

Ás 20:30 horas cea popular na carpa.

Ás 22:00 horas actuación do Dúo Explosión.

Ás 23:00 horas concerto do Grupo Gin Toni’s e remate da festa co Dúo Explosión.

 

Artigos relacionados

Back to top button