ConcellosSen categorizar

XXXVI Xuntanza de Maiores no Carballiño

Durante a xornada os participantes desfrutaron de diferentes actividades no parque municipal desta localidade ourensá
Autoridades presentes nesta xuntanza de maiores no Carballiño.
Autoridades presentes nesta xuntanza de maiores no Carballiño.

Maiores chegados de toda Galicia, así como doutras provincias limítrofes, participaban o 14 de xuño na XXXVI Xuntanza de Maiores organizada pola Consellería de Traballo e Benestar no parque municipal do Carballiño. Procedían de todos os centros de maiores e sociocomunitarios que dependen da Administración autonómica, así como tamén da maioría dos centros dependentes dos concellos e asociacións de Galicia.

Durante a xornada os participantes gozaron das diferentes actividades que ofrecía o recinto dende postos de comida típica ata actuacións musicais encargadas de amenizar a festa. Nesta xuntanza estiveron presentes a directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e o xefe territorial de Traballo e Benestar, José Selas, acompañados polo alcalde do municipio, Argimiro Marnotes

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button