A RúaConcellosEconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

1.200 persoas asisten ao xantar da XV Festa do Codillo da Rúa, con sorbete e La Torta

 

Cun menú de luxo e un cheo total a Festa do Codillo da Rúa cumpría XV anos. No mediodía deste sábado 27 de xaneiro, tralas homenaxes a Antolín Rodríguez e Ramón García no Centro Cultural Avenida da Rúa, celebrábase no pavillón municipal Victorino Núñez o xantar popular ao que asistían 1.200 persoas, máis de 400 de fóra da Rúa que ocupaban a totalidade do pavillón a excepción do espazo para a barra do bar (rexentada polo CD Rúa) e para a actuación da charanga Union Phenosa e Disco Show Danzalia encargadas de amenizar o comezo e o final da festa.

 

 

E entre medias, ao ritmo de bandas sonoras cada vez que aparecían os camareiros, os asistentes degustaron 1.900 codillos, 300 kg de patacas e 300 kg de grelos, ademais de bicas o consomé, o viño (godello e mencía), auga, licores, cafés e nesta ocasión tamén sorbete de limón ao cava de Almendralejo e La Torta.

Entre os asistentes, coma sempre xente de todas as idades, moitos político e tamén unha delegación de Almendralejo, cidade irmanada coa Rúa dende hai 21 anos, co alcalde José Mª Ramírez á cabeza, e os fillos adoptivos da Rúa Juan Francisco Sánchez e Waybe Brabender, entre outros.

 

 

A festa continuará pola tarde e noite cos cantos de taberna polos bares da Rúa.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button