DeportesÚltima hora

1.200 ximnastas participarán esta semana no XI Torneo Internacional Ourense, a Provincia Termal

Bernardino González, Javier Rodríguez, Aníbal Pereira, Manuel Baltar, Pilar Vázquez, Gabriel Alén e José Manuel Estévez.

 

O pazo dos deportes Paco Paz reunirá desde este xoves 6 de abril e ata o domingo 9, a 1.200 deportistas e 130 técnicos, procedentes de 82 clubes de 7 países diferentes: España, Portugal, Arxentina, Italia, Xeorxia, Armenia e Ucraína, que participarán no XI Torneo Internacional Ourense, a Provincia Termal de ximnasia rítmica, organizado polo Club Marusia e a Deputación de Ourense coa colaboración da Xunta de Galicia.

Os detalles desta cita eran presentados esta mañá no Pazo Provincial nun acto no que participaron o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar; o delegado da Xunta de Galicia, Gabriel Alén; o asesor de Deportes do Concello de Ourense, Aníbal Pereira; a presidenta do Club Marusia, Pilar Vázquez; o presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez; o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; e Javier Rodríguez, xerente de Bellourens.

As probas de ximnasia rítmica comezarán o xoves co arranque da competición de conxuntos escolares, conxuntos promoción e individual promoción en categoría alevín, benxamín, prebenxamín, infantil, cadete e xuvenil. O venres 7 será a quenda para conxuntos prebase, individual prebase, individual masculino e individual base. Na xornada do sábado celebraranse as competicións de individual absoluto en categoría benxamín, alevín, infantil, junior, senior; e xa o domingo celebraranse, en conxuntos, a copa base e as finais.

Artigos relacionados

Back to top button