Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima horaVídeos

103 corredores toman a saída na ‘Spain Backyard Ultra’ en Castro Caldelas

Tras 27 horas correndo quendan en competición tres deportistas

 

Un ano máis Castro Caldelas acoller a carreira de ultra resistencia máis dura do mundo na que os participantes deben percorrer 6,7 km nunha hora para saír na seguinte volta no mesmo circuíto.

A proba comezaba onte ás 9 da mañá con 103 corredores e despois de 24 horas correndo continuaban en competición 6 corredores, entre eles unha muller. Cumpridas as 100 millas ian camiño de acadar as 25 horas correndo e 167,5 km.

 

 

Trátase dunha carreira eliminatoria onde só pode quedar un ou ningún. De feito só gañara quen consiga dar unha volta máis que o anterior nunha hora.

Ás 11:30 horas deste domingo 29 de maio, tras 27 horas correndo e temperaturas extremas, quendaban en competición tres deportistas: Gonzalo de Rianxo, Irene de Navarra e Jorge de Santiago.

Fotos e vídeos cedidos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button