ConcellosFolgoso de CaurelQuirogaRibas de SilÚltima hora

12 mozos participan en labores de xeoconservación no Xeoparque Montañas do Courel

Esta actividade desenvolvíase na pasada fin de semana a través do programa Voluntariado Ambiental 2021 da Xunta

 

Un grupo de 12 mozos participaban na pasada fin de semana nun proxecto de xeoconservación dos Lugares de Interese Xeolóxico no Xeoparque Mundial Unesco Montañas do Courel (que inclúe aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel) a través do programa de Voluntariado Ambiental 2021 da Xunta de Galicia. Interviñan nos lugares de Interese Xeolóxico do tramo perdedor do río Visuña e depósito glaciar de A Seara.

Os mais de 200 kg de lixo foron retirados do tramo perdedor do río Visuña mais a limpeza do talud dun depósito glaciar para facilitar a súa visualización e interpretación, foron as accións de xeoconservación que foron levadas a cabo nesta fin de semana de Maio no Xeoparque Mundial Montañas do Courel.

A alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, mais o presidente do Xeoparque, Roberto Castro, recibían aos participantes no Centro de Interpretación das Covas de Meiraos, onde lles agasallaron co libro do Xeoparque, “As Montañas do Courel: Unha xeoloxía moi humana” e lles explicaron o funcionamento deste xeoparque.

Ademais dende o xeoparque agradécese a participación dos 12 mozos nestas accións de xeoconvervación, así como á Dirección Xeral de Xuventude e á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia pola aposta do Xeoparque Montañas do Courel para o desenvolvemento destas actividades.

O Xeoparque Montañas do Courel, ten previsto levar a cabo novas actuacións de xeoconservación dos Lugares de Interese Xeolóxico do Xeoparque neste 2021, mediante o desenvolvemento de novos programas de voluntariado que na próxima ocasión estará dirixido á poboación en xeral.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button