Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

120 persoas asisten á cea benéfica da Asociación Española Contra o Cancro en Valdeorras

Un ano máis a Asociación Española Contra o Cancro en Valdeorras celebraba a súa cea benéfica, demostrando a solidariedade da sociedade valdeorresa, reunindo a unhas 120 persoas na xuntanza celebrada no Casino do Barco.

Antes de comezar a cea, a presidenta da asociación Gloria Pérez, dirixíase aos asistentes para dar as grazas incidindo na necesidade de colaborar para seguir avanzando na investigación contra esta terrible enfermidade. “Estanse conseguindo grandes avances, de aí a importancia do respaldo cidadán”, dixo.

O apartado musical da noite correu por conta de Julia ao violino. A cita contaba asemade do sorteo de agasallos donados por comercios da comarca e tamén, por primeira vez, dun canario donado pola asociación de canaricultores de Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button