EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

14 viños da D.O. Ribeira Sacra, nos Decanter World Wine Awards

Publicidade

 

En febreiro de 2020 a Denominación de Orixe Ribeira Sacra acudía por primeira vez a Decanter, facíao na área “Wines from Galicia”, a través do IGAPE. Este ano os viños da D.O. Ribeira Sacra volvíann estar presentes obtendo grandes resultados nos premios Decanter World Wine Awards, outorgados polos mellores expertos en viño de todo o mundo; o que fai que os premios gocen da confianza internacional.

Dos 14 viños recoñecidos por Decanter na D.O. Ribeira Sacra obtén a maior puntuación, Vacamulo (2017) de Diego Rodríguez, 97 puntos que lle dan un recoñecemento Platinum, dos 3 que recibiron os viños con denominacións de orixe galegas. Recibe un ouro con 95 puntos, Melanio (2017) de Don Bernardino. 9 pratas son para:

• Ruxe Ruxe Mencía (2019) de Tolo do Xisto
• Regina Viarum Mencía (2021) de Regina Viarum
• Amandi (2020) de Don Bernardino
• Finca Mezquita (2016) de Don Bernardino
• Rectoral de Amandi Mencía (2021) de Rectoral de Amandi
• Finca Cuarta (2021) de Rubén Moure Fernández
• Finca Ladeira (2021) de Rubén Moure
• A Costa (2019) de Rubén Moure Fernández
• Capricho de Godello (2020) de Adega Ponte Da Boga
E reciben bronce:
• Tx Os Coventos (2019) de Tolo do Xisto
• Ibio (2017) de Diego Rodríguez
• Matilda Nieves Mencía (2021) de Rectoral de Amandi

E reciben bronce:
• Tx Os Coventos (2019) de Tolo do Xisto
• Ibio (2017) de Diego Rodríguez
• Matilda Nieves Mencía (2021) de Rectoral de Amandi

Artigos relacionados

Back to top button