Hai anos que o Concello do Barco aposta por espallar o Botelo máis alá do xantar no pavillón, buscando a implicación dos restaurantes para a promoción da xoia gastronómica barquense pero tamén para beneficio dos propios establecementos.
Desa aposta e das restricións da pandemia de Covid, nacían as Xornadas Gastronómicas do Botelo e do Cocido Valdeorrés que este ano chegan á III edición.
A presentación deste complemento á Festa do Botelo que se celebrará o sábado 20 de xaneiro, tiña lugar na mañá deste luns día 15 por parte da concelleira de Comercio e Turismo Alba Rodríguez, da Concelleira de Cultura Margarida Pizcueta e do alcalde do Barco Alfredo García.
Nesta ocasión, as xornadas desenvolveranse nas fins de semana do 20-21 e 27-28 de xaneiro e contarán coa participación de 15 locais da vila, con menús para degustar no propio local e tamén para levar: Agarimo Tapería, Asador Viloira, Casa Galaica, Casa Ignacio, Casa Lameiro, Como en Casa, Fernando III, Las Recetas de La Abuela, Mesón do Lar, Mesón O Isla, Pazo do Castro, Piquiño Restaurante, Pulpería El Dorado, Restaurante San Mauro e Tapería Principal.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver