EconomíaEconomíaÚltima hora

15 locais de hostalaría participarán no Concurso Tapa Micolóxica das xornadas organizadas polo Club Montaña Trives

As XXIII Xornadas Micolóxicas celebraranse do 3 ao 5 de novembro na Pobra de Trives

Tapa micolóxica na anterior edición do concurso./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Un ano máis e xa van 23, o Club Montaña Trives ten xa preparadas as súas Xornadas Micolóxicas que se celebrarán do 3 ao 5 de novembro. Como en anos anteriores será o VIII Concurso da Tapa Micolóxica o venres ás 18 horas o que marque o inicio desta das xornadas coa participación de 15 establecementos de hostalaría trivesa: Boliche, Manolos, Sky, Quintela, O Bodegón, A Cantina do Catro, O Pan da María, O Pazo San Lorenzo, As Maceiras, O Paiño, O Lar de Alicia, Estacion de Montaña Manzaneda, San Martín, A Masia e Casanova.

 

 

O sábado será o día principal das xornadas. Ás 9:30 horas terá lugar a tradicional charla no Auditorio Julio Vázquez a cargo da Asociación Micolóxica “Os Cogordos”. Unha hora despois será a saída de campo para recoller cogomelos e para as 14:30 horas está programado o Xantar Gourmet Micolóxico no Restaurante La Viuda. O éxito da pasada edición das xornadas, nas que se recollían uns 120 tipos de cogomelos, levababa a colgar o cartel de completo no restaurante con 110 persoas degustando os selectos pratos.

Tralo xantar e seguindo co programa, de 16:30 a 18:30 horas entregaranse os cogomelos recollidos no monte no patio interior da Casa Grande de Trives para a súa identificación e clasificación, permanecendo expostos ata as 22 horas. A inaguración da exposición, ás 18 horas estará un ano máis amenizada pola agrupación teatral A Caniceira.

 

 

As xornadas rematarán o domingo. De 10 a 18 horas poderá visitarse a exposición de cogomelos e nese momento procederase á entrega de trofeos aos establecementos hostaleiros participantes no VIII Concurso da Tapa Micolóxica que concluirá en torno ás 15 horas. O prezo da tapa será de 2 euros e serán valoradas por sabor e presentación. Os agasallos que se sortearán son: set completo de micoloxía, gran cesta gourmet; unha cea para dúas persoas “e moitas cousas máis”, aseguran dende a organización.

Artigos relacionados

Back to top button