OurenseÚltima hora

15 medallas para o Club Ximnasia Pavillón no Campionato de España disputado en Pamplona

A Deputación recibe ao equipo ourensán logo dos seus excelentes resultados

 

O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, acompañado polo director desta área da Deputación, Marcos Vázquez Guzmán, recibiron esta mañá no Salón de Plenos do Pazo Provincial ao equipo de elite do Club Ximnasia Pabellón, logo dos excelentes resultados que veñen de acadar no Campionato de España disputado en Pamplona.

O palmarés alcanzado por estes xoves deportistas ourensáns (de entre 6 e 14 anos) contempla un total de 8 ouros, 4 pratas e 3 bronces, destacando o primeiro posto na categoría de trampolín por equipos. O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, transmitiulles os merecidos parabéns en nome de toda a provincia, “pois co voso traballo, esforzo e competitividade levades o nome de Ourense ao máis alto do deporte a nivel nacional”.

 

Artigos relacionados

Back to top button