DeportesÚltima hora

150 deportistas participarán esta fin de semana no Campionato Galego Júnior Absoluto de Salvamento e Socorrismo, en Ourense

 

Na fin de semana do 29 e 30 de marzo terá lugar na piscina Rosario Dueñas de Ourense o I Open Galego de Piscina e Campionato Galego Júnior Absoluto de Salvamento e Socorrismo que este ano cumpre a XXXI edición.

A presentación do evento, que contará coa participación de 150 deportistas de 14 clubs galegos e o club cántabro, Noja Netcan, tiña lugar na mañá deste xoves día 27 nas instalacións da piscina contando coa presenza de Enrique Álvarez, asesor de Deportes da Deputación de Ourense; Manuel Pérez, Servicio Provincial de Deportes Xunta de Galicia; José Manuel Paredes, Presidente de Club Salvamento Ourense Salvour; Nuria Rodríguez, Presidenta da Federación Galega de Salvamento e Socorrismo; Sergio Quintela, Director Técnico da FESSGA e Jorge Encinas, Xerente do Consello.

As xornadas de Salvamento no que o club Salvour será o anfitrión, darán comezo as 10:15 horas coas series eliminatorias polas mañás e as finais polas tardes a partir das 16:30 horas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button