Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

150 escolares participan na Rúa na 2ª Xornada de Orientación de Xogade

 

Na mañá deste venres 16 de xuño celebrábase na Rúa a 2ª Xornada Escolar de Orientación do programa Xogade no que participaban un total de 150 alumnos e alumnas de cinco centros escolares da contorna.

 

Participantes na xornada de orientación escolar.

 

Organizada pola Agrupación de Deportes de Valdeorras coa colaboración do Club Peña Trevinca e o Concello da Rúa, entre outros, a xornada desenvolveuse sobre o mapa da Chopeira, entre árbores e moi preto do encoro de San Martiño.

 

Mapa da xornada, na Chopeira.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button