SanidadeÚltima hora

17 de novembro, Día Mundial do Cancro de Páncreas

A Carreira das Cidades, con citas como a de Vilamartín de Valdeorras, destinará a recadación íntegra á investigación contra o Cancro de Páncreas, a través das bolsas Carmen Delgado/Miguel Pérez–Mateo

Participantes na pasada edición da Carreira do Cancro de Páncreas de Vilamartín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Este xoves 17 de novembro celébrase o Día Mundial do Cancro de Páncreas. As asociacións científicas e de pacientes de todo o mundo únense para xerar máis conciencia sobre a enfermidade perseguindo un dobre obxectivo. Por unha banda, “dar visibilidade aos signos e síntomas desta doenza para poder detectala de forma temperá, xa que non hai unha proba diagnóstica para a súa detección precoz eno 80% dos casos diagnostícase nun estadio non operable”.

Ademais quérese “apostar pola investigación, xa que o cancro de páncreas é un tumor maligno cuxa mortalidade aumentou nos últimos anos en ambos os sexos, o 90% das persoas falecen antes dos 5 anos. É necesario apostar pola investigación en novas vías de prevención, diagnóstico e tratamento para alongar e mellorar a calidade devidalos pacientes con cancro de páncreas”. “

“É o momento de recoñecer os signos e síntomas do cancro de páncreas” é o lema mundial deste ano, busca mellorar o diagnóstico precoz para aumentar as posibilidades de supervivencia. “Actualmente non existe unha proba que detecte o cancro de páncreas de forma precoz, antes de que aparezan os síntomas, aplicable á totalidade da poboación, polo que é importante a divulgación dos riscos e síntomas, que a miúdo son vagos e atribúense incorrectamente a outras afeccións menos graves. Os síntomasmás comúns inclúen: dor estomacal de inicio nas últimas semanas ou meses, dor na parte media das costas, perda de peso inexplicable, ictericia (tener os ollos ou pel amarelados), diabetes de nova aparición, cambios nas heces ou perda de apetito. En canto aos riscos, aínda que se descoñece a causa exacta na maioría dos casos de cancro de páncreas, existe evidencia de que fumar, ter sobrepeso, antecedentes familiares de cancro de páncreas e pancreatite crónica aumentan o risco de que unha persoa desenvolva a enfermidade”, segundo as asociacións de cancro de páncreas.

Doutra banda, a investigación é esperanza para os pacientes con cancro de páncreas. A Bolsa Carmen Delgado/Miguel Pérez-Mateo, destinada a proxectos de investigación de novas vías de prevención, diagnóstico e tratamento desta enfermidade, é o resultado do esforzo de moitas persoas e organizacións para lograr este obxectivo. Adxudicáronse desde 2015 máis de 700.000 euros a proxectos de investigación contra este tumor.

“A combinación de varios síntomas debe facernos consultar ao noso médico de cabeceira, como ter dor de inicio na parte alta do abdome ou nas costas, xunto a perda de peso, e aínda máis se se detectou unha diabete recentemente”, afirma Enrique de Madaria, especialista en Aparello Dixestivo na Unidade Biliopancreática do Servizo de Aparello Dixestivo do Hospital Xeral Universitario Dr. Balmis de Alacante e presidente da Asociación Española de Gastroenteroloxía.

“Desde a asociación de pacientes esforzámonos en xuntar forzas e crear iniciativas para achegar fondos para a investigación do cancro de páncreas, que apenas avanzou nos últimos anos. É necesario ir máis rápido para eliminar a resistencia deste tumor aos tratamentos convencionais dispoñibles. Non podemos seguir falando de que o 90% dos pacientes non sobreviven aos 5 primeiros anos”, sinala Cristina Sandín, presidenta de ACANPAN.

“O cancro de páncreas representa a terceira causa de morte por cancro e crese que nos próximos anos será a primeira. É necesario loitar para cambiar este escenario coa mellora do diagnóstico precoz e os avances na investigación”, asegura Emma Martinez Moneo, vogal de páncreas e vía biliar de AEG e presidenta de AESPANC.

Con motivo do Día Mundial do Cancro de Páncreas, puxéronse en marcha distintas actividades co obxectivo de recadar fondos para a investigación sobre o cancro de páncreas e concienciar á sociedade dándolle visibilidade á enfermidade: a Carreira das Cidades (en diferentes localidades como é o caso da de Vilamartín de Valdeorras), o documental O Camiño Inverso, así como a iluminación de edificios emblemáticos de cidades como Ourense

VIII Carreira das Cidades

A iniciativa solidaria é a Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas, que axuda a concienciar á sociedade da importancia deste tipo de cancro e a conseguir fondos para a investigación e avanzar na loita contra a enfermidade. “Cada ano recibimos máis corredores de todas as idades e incorpóranse novas cidades nas carreiras. Queremos superar os 7.000 participantes este ano; a clave é que ademais de axudar,os participantes gozan dun domingo saudable. Todo o recadado a través das inscricións irá integramente destinado a investigación”, lembra Cristina Sandín.

Entre o 13 e 27 de novembro é posible participaren a carreira virtual, que permite personalizar o dorsal ‘Eu participo por’ e correr por esa persoa tan especial, que sofre ou sufriu a enfermidade. O mapa de cidades segue crecendo.

Unha vez celebrada en Murcia, as próximas datas son: •20 de novembro en Madrid e Alacante•26 de novembro en Tarragona •27 de novembro en Vilamartín de Valdeorras, Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button