EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

19 viños de Valdeorras premiados nos “Decanter World Wine Awards”

Lográbanse 9 medallas de prata e 10 de ouro nestes prestixiosos recoñecementos internacionais

Imaxe dunha copa de godello da D.O. Valdeorras./ Foto: A.R.

 

Esta considerado un dos maiores concursos de viños do mundo e tamén dos de maior influencia. Os premios Decanter World Wine Awards (DWWA) celebraban este ano en Londres a súa vixésima edición e nela resultaban distinguidos un total de 19 viños da Denominación de Orixe Valdeorras, con diversos recoñecementos.

Nove deles eran pratas e correspondíanlles a O Cabalín (María Teresa López Fidalgo), Cepas Vellas (Adegas Godeval), Lías Godello (A Coroa), Mencía Joaquín Rebolledo e Godello Joaquín Rebolledo (da adega homónima), así como ao Regueirón, Los Carismáticos, Godello e Mencía da adega Virgen del Galir.

Dez eran os bronces outorgados aos viños valdeorreses: Godello de Barón do Sil, O Luar do Sil Vides de Córgomo (Pago de los Capellanes), Villadequinta (María Teresa López Fidalgo), Godeval, Viñaredo Godello e Viñaredo Mencía (Santa Marta), Vía Barrosa Mencía (Viña Costeira), A Coroa, Godello de Paco & Lola e Cune Mencía de (C.V.N.E.)

Durante dúas semanas en abril e maio, 236 xurados (entre eles 16 Master Sommeliers e 53 Masters of Wine de 30 países) cataron, debateron e compararon os méritos relativos de 18.250 viños de 57 países.

Artigos relacionados

Back to top button