CD RúaCD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

2-0 no derbi Rúa-Trives disputado no Vicente Solarat para pechar a primeira volta

 

Na tarde en que Arxentina e Brasil disputaban a gran final do Mundial de Qatar, Rúa e Trives pechaban a primeria volta da liga en Segunda Galicia, no derbi disputado no campo Vicente Solarat Maceda.

Diante da afección dos dous equipos que comparten amigos e mesmo xogadores, a primeira parte saldábase co empate a ceros, tendo que esperar ata o minuto 60, xa na segunda parte, para que Adrián adiantase aos locais no marcador ao transformar un penalti. O segundo tanto do encontro, tamén de penalti, chegaba xa no fío do final, no minuto 90, por obra de Bruno.

Ao final, 2-0, un resultado que sobe ao CD Rúa de Javier Ferrer ata o segundo posto da clasificación con 32 puntos, a dous do líder, o CD Viana, co que se enfrontarán á volta das vacacións de Nadal, o 15 de xaneiro de 2023, no campo das Carrelas no primeiro partido da segunda volta.

Pola súa banda o CD Trives de David Pérez remata o ano e a primeira volta da liga no posto 10º, tendo á volta das vacacións outro derbi, no seu caso ante o CD Córgomo Vilamartín, terceiro clasificado.

Fotos: Eva Carballo /CD Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button