SanidadeÚltima hora

2.000 persoas da comarca do Carballiño serán convocadas o vindeiro martes a un cribado de Covid

Maside, O Carballiño e Punxín rompen coa tendenza decrecente de casos do conxunto da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras realizará o vindeiro martes un novo cribado poboacional selectivo aleatorio, por PCR, a 2.000 persoas dos concellos de O Carballiño, Maside e Punxín, na procura de detectar casos asintomáticos e coñecer mellor a situación epidemiolóxica destes concellos, onde, ao contrario da tendenza xeral da provincia, ao descenso ou estabilización, veñense incrementando as taxas de incidencia nos últimos 14 días.

“O Carballiño ten, a día de hoxe, 109 casos activos, multiplicando por 12 a súa incidencia desde o 1 de xaneiro, data na que contaban só con 9 casos, e ningún no caso de Maside ou Punxín, que hoxe teñen, respectivamente, 24 e 5”, indica Sanidade.

A relación de casos activos, especialmente nestes dous últimos concellos, “non supón un alto número, pero si preocupa a progresiva suba das súas taxas, que se incrementaron significativamente, nos últimos 14 días, ata acadar un indicador de 721 casos por 100.000 habitantes en Punxín, 813 en Maside e 741 no Carballiño, o que motiva esta nova actuación preventiva”, matiza a consellería.

A situación de Carballiño preocupa especialmente pola súa evolución crecente pese as medidas restrictivas adoptadas, o que xa deu lugar a un cribado anterior, realizado o pasado día 31 de xaneiro, no que se detectaron 14 casos activos asintomáticos. Unha alta taxa de positividade pese a que só participaron o 65.2% das 2.000 persos citadas, polo que o Sergas decidiu duplicar os seus esforzos.

A convocatoria

Os veciños e veciñas, seleccionados aleatoriamente, serán convocados por SMS nas próximas horas, para acudir, en horario de tarde, ao Pavillón Deportivo Paco Chao, onde tamén se realizou o cribado anterior.

O sistema elixido para esta mostraxe será unha mostra nasal para a realización dunha PCR. Como ven sendo habitual, nestes peneirados masivos que se están a suceder na nosa provincia, a proba será voluntaria, non si, as autoridades sanitarias solicitan a todos e todas as convocadas que participen, xa que os resultados serán de gran axuda no control da epidemia, ao detectar casos asintomáticos e cortar a transmisión aos seus contactos, e aportarán información de utilidade sobre a tipoloxía dos gromos e as súas vías de transmisión.

Recoméndase asemade seguir as instrucións, en canto a horarios e medidas de protección, e por suposto, non acudir en caso de non estar citados, ou non facelo de estar en illamento por un diagnóstico positivo, posterior á convocatoria, ou gardando corentena á espera do resultado dunha proba.

Revisión dos datos e mensaxería

A citación, realizarase nas próximas horas a través dunha mensaxe de SMS, na que se indica a hora e lugar ao que denen acodir. A mensaxe enviarase ao teléfono que consta na ficha de cada usuario, polo que, novamente, o Servizo Galego de Saúde lembra a importancia de manter os datos de contacto actualizados, comprobando estar dado de alta no sistema de mensaxería telefónica do Sergas.

Igualmente prégase dar apoio aos achegados de maior idade, ou dificultades coas novas tecnoloxías, para comprobar se reciben o SMS de invitación. Estas probas non se deben confundir coas indicadas aos contactos directos ou estreitos dos pacientes positivos a COVID-19, que continúan realizándose por outras vías

Artigos relacionados

Back to top button