CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

2 empresarios de Vilamartín colaboran coa ANPA para promocionar e apoiar ao CEIP Xosé Manuel Folla Respino

Os cativos do centro recibían hoxe unha camiseta co logo das empresas e do propio colexio

 

Na tarde deste martes 17 de outubro os cativos do CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín de Valdeorras recibían unha grata sorpresa. Despois de xantar, recibían no salón de actos a dous empresarios locais, o taxista Rubén e o fontaneiro Adrián, que lles entregaban unha camiseta a cada un. Unha camiseta coa imaxe do colexio por diante e o logo das empresas por detrás, que servirá como modelo a unha interesante e orixinal iniciativa de apoio ao colexio.

Tal como explica Claudia Núñez, nai dun futuro alumno do centro escolar, a iniciativa, nacía por parte dos dous empresarios, Rubén de Tanke Taxi e Adrián de Fontanería e Calefacción Ben Posta e da ANPA para promocionar os seus negocios e ao mesmo tempo colaborar co colexio.

 

Rubén e Adrián con Martín, un dos futuros alumnos do colexio de Vilamartín.

 

Cada alumno recibía hoxe a súa propia camiseta pero a idea da ANPA é facer estas camisetas para vender “e conseguir que se sumen outros empresarios do municipio xa de cara ao ano que vén para recadar cartos para o colexio e poder facer actividades para os nenos”, di Claudia, explicando que “con tan poucos nenos pódense facer moitas cousas con pouco diñeiro pero hai que telo e esta á unha boa forma de conseguilo”.

Dende o Concello, Claudia Núñez e Sherezade Núñez tamén colaboran con esta iniciativa.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button