A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima horaVídeos

200 cativos participan no espectacular e terrorífico ‘Samaín da Rúa Vella’

 

As actividades organizadas pola Asociación Sabugueiro seguen colgando o cartel de ‘completo’ na Rúa Vella. Apenas unha semana despois do multitudinario magosto que reunía a unhas catrocentas persoas no atrio da parroquia de Santo Estevo e de novo a pesares da chuvia, a festa de Samaín organizaba para os máis pequenos completaba o aforo de 200 cativos, quedando moitos fóra. “A maioría animouse a última hora pero case poderiamos chegar aos 300 así que para o ano que vén teremos que aumentar o número de inscricións”, aseguran dende a asociación.

Tralo éxito da iniciativa do ano pasado, para a tarde deste sábado 29 de outubro a asociación tiña programado un divertido e terrorífico percorrido polas rúas do pobo disfrazados cos máis siniestros disfraces, xogando e recibindo lambetadas. Para conseguilo, os cativos tiñan que seguir o mapa elaborado pola organización “e ter moito coidado coas meigas, pantasmas e zombies que podes atopar no  camiño”. E así o facían.

 

 

Con saída na praza César Conti, distribuídos en grupos en función da idade e cun mapa na man, os pequenos seguían as indicacións, visitando as casas colaboradoras dende as urbanizacións A Cegoña ou Fondo da Rúa, ata a rúa Fondareas, Camiño Novo ou Cantalarrana. Este ano incluso había un ‘túnel do terror’ que fixo berrar a máis dun.

 

 

Protección Civil da Rúa participaba un ano máis na actividade, axudando aos cativos a cruzar as rúas e malia que nun principio o fin de festa estaba pensado para o campo de San Roque, a chuvia obrigaba a trasladalo ata o atrio da igrexa onde os participanes desfrutaban dun chocolate.

Fotos e vídeos Mónica G. Bellver, excepto as dúas primeiras imaxes da galería que son cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button