OurenseÚltima hora

22 deportistas do Salvour participan na 2ª xornada da liga galega de salvamento e socorrismo deportivo

As probas disputáronse na piscina municipal de Caldas de Reis (Pontevedra)

 

A piscina municipal de Caldas de Reis (Pontevedra) acollían este domingo, 17 de novembro, a segunda xornada da liga galega de salvamento e socorrismo en augas pechadas con probas de 200 metros súper socorrista, 100 metros remolque de maniquí con aletas, 50 metros remolque de maniquí e100 metros socorrista ademais de diferentes relevos.

Entre os equipos galegos, inmersos na competición está o Salvour que acudía con 22 deportistas que acabaron rozaron o podio. Na categoría alevín destaca a participación de Álvaro Peiteado Albarín, Noé Suárez Fernández e Martiño Novo Fernández Fernández; en cadete, de Blanca Corrales Gil, Zaira García Villalonga, Martina Bericat Elicechea e Xenxo Fernández Fernández; en xuvenil, de Sofía Caride Pérez, Roi Naranjo Estévez e Carla Borrajo Alonso; en júnior, de Antía Froufe Fabello, Lucía Gómez Montecelo, Raul Civeira Corral, Samuel Iglesias Méndez,  Santiago Gutierrez Mariño, Miguel Pazos Capell e Mateo Salgado Díaz; ademais da absoluta Uxía García Rodríguez e os máster, Julio Iglesias Fernández, Roberto naranjo Pérez e Eloi Fernández Rodicio.

En relevo 4×50 combinado júnior o club clasificouse en cuarta posición, quedando na décima da clasificación xeral da xornada de liga.

Fotos: Club Salvour

Artigos relacionados

Back to top button