OurenseÚltima hora

Xabier Babarro expón en Ourense “Cor e xeometría”

A mostra do artista ourensán permanecerá ata o 12 de abril no Auditorio Municipal
Xabier Babarro coa concelleira de Cultura, Belén Iglesias e a directora de Áreas Expositivas do Concello de Ourense, Eva Torres.
Xabier Babarro coa concelleira de
Cultura, Belén Iglesias e a directora de Áreas Expositivas do
Concello de Ourense, Eva Torres.

O vestíbulo principal do Auditorio Municipal de Ourense acollerá ata o 12 de abril a exposición “Cor e Xeometría”, do artista ourensán Xabier Babarro. Unha mostra de “arte artesá”, como o propio Babarro a define, formada por 46 obras nas que domina o acrílico sobre lenzo e tamén acuarela.

Na presentación, que tiña lugar na mañá do 2 de marzo, Xabier Babarro estivo acompañado pola concelleira de Cultura do Concello de Ourense, Belén Iglesias, e pola directora de Áreas Expositivas do Concello, Eva Torres, quenes destacaron o “importante labor de promoción dos artistas da cidade que realiza a área de Cultura do Concello permanentemente”.

Artigos relacionados

Back to top button