CulturaCulturaÚltima hora

A 27ª Semana de Cine do Barco inaugúrase mañá coa proxección de “Unha historia de tolos”

Entre o 25 de agosto e o 3 de setembro o Cine Club Grouxo Marx proxectará 17 filmes no Teatro Lauro Olmo
Carteles dos filmes que se proxectarán na Semana de Cine./ Foto: Ángeles Rodríguez.

O cine de autor será coma sempre o protagonista da Semana de Cine do Barco de Valdeorras, organizado polo Cine Club Groucho Marx que se celebrará no Teatro Lauro Olmo entre o 25 de agosto e o 3 de setembro. Unhas xornadas nas que se proxectarán un total de 17 películas, sete delas dirixidas ao público máis novo, entre as que figuran títulos como “O fogar de Miss Peregrin para nenos peculiares”, “Os superheroes” ou “Richard e a cegoña”.

A inauguración terá lugar mañá 25 de agosto ás 19h. coa apertura da exposición “A cámara tras da cámara” e un concerto de bandas sonoras a cargo de Sabela. Ese día proxectarase “Unha historia de tolos”, filme baseado no libro “A bomba” no que José Antonio Gurriarán narra a súa vivencia cando “a bomba lle estoupou literalmente nos pés”, en palabras do presidente do Cine Club, José María Rodríguez. No apartado de recoñecementos, este ano retiraranse as tres butacas da última fila en homenaxe a “Sempre Xonxa”: unha adicada ao director, Chano Piñeiro; outra a un dos seus protagonistas, Casteleiro; e outra a Anxo Santomil, primeiro presidende do Cine Club Groucho Marx.

Con respecto aos horarios das proxeccións con títulos como “Hermanos del viento”, “La tortuga roja”, ou “Pieles”, mantéñense ás 17 horas para o cine infantil; e ás 20:15 e 22:45h. para o adulto.

 

O cartel da 27ª Semana de Cine do Barco, na fachada do Teatro Lauro Olmo. /Foro: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button