OurenseÚltima hora

32 deseñadores de Adolfo Domínguez serán formados no uso de teares artesanais para crear tecidos con fibras naturais

A formación correrá por conta da Deputación de Ourense para "incorporar ao presente o saber, técnicas e instrumentos da máis antiga tradición"

Publicidade

 

32 profesionais de Adolfo Domínguez poderán formarse desde o vindeiro 4 de outubro e por un período de catro anos, na creación artesanal de tecidos para as coleccións de moda de autor da firma, grazas a un convenio de colaboración coa Deputación de Ourense.

Na mañá deste xoves 23 de setembro, no Museo do Traxe Tradicional Galego, en Santa Cruz de Arrabaldoo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a directora creativa de Adolfo Domínguez, Tiziana Domínguez, asinaban o documento polo que os especialistas do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo formarán aos deseñadores da marca téxtil no uso de teares artesanais para crear tecidos a partir de fibras naturais como o liño e la.

O presidente provincial destacou que o Museo do Traxe Tradicional Galego “caracterizouse sempre por manter e recuperar instrumentos e técnicas, traballo do que agora vemos a súa utilidade para, desde as orixes, situarnos no camiño da vangarda, a innovación e a sustentabilidade nun mundo tan competitivo como o deseño, no que esta empresa ourensá ten acreditado o éxito internacional”. Aproveitou tamén a ocasión para agradecer o compromiso da firma con Ourense “nos momentos máis duros da pandemia, coa doazón de material sanitario e da capa coa que o gaiteiro da catedral interpreta o himno de Ourense en homenaxe ás vítimas”.

“Queremos beber das nosas raíces, creando tecidos con fibras típicas do territorio e seguindo colores e patróns tradicionais dos traxes galegos”, subliñou Tiziana Domínguez, que destacou o paso que emprende a empresa con esta colaboración “para inxectar innovación aos nosos deseños, reivindicando Ourense e apostando polos seus costumes e tradicións”.

 

Artigos relacionados

Back to top button