ConcellosQuirogaÚltima hora

322.000 euros para a Unidade de Atención Temperá situada en Quiroga

Unha das aulas da Unidade de Atención Temperá situada en Quiroga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Unidade de Atención Temperá, que agrupa aos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Bóveda, Sober, O Saviñao, Pantón e Pobra do Brollón, ven de recibir unha subvención de 322.440 €. É a Consellería de Política Social, quen concede esta axuda económica a través da Dirección Xeral de Discapacidade cofinanciada con fondos europeos. Esta axuda é bienal para os anos 2023/2024.

O Centro de Atención Temperá púxose en marcha en setembro do 2020 para dar servizo á comarca de Quiroga,e conta cunha subdelegación no concello de o Saviñao prestando servizo os concellos desa zona. A Unidade de Atención Temperá nestes momentos é todo un referente na zona sur da provincia de Lugo dando servizo aos oito concellos agrupados. Nestes momentos ten 81 expedientes abertos de nenos entre 3 e 6 anos de idade.O servizo conta cun equipo multidisciplinar que ofrece os servizos de: Logopedia, Psicoloxía, Fisioterapia e Terapia ocupacional.   Centralizado en Quiroga, conta cunha delegación no concello do Saviñao, para facilitar a atención dos menores reducindo o desprazamento dos usuarios desta zona e incluso os profesionais se desprazan a outros concellos como no caso de Folgoso do Courel.

A atención na Unidade de Atención Temperá, – ao que poden acudir os nenos sen que teñan problemas definidos, se non para axudarlles a un desenvolvemento evolutivo adecuado-,  é principalmente a través do servizo de pediatría, que fai o diagnóstico previo, en función do cal derivará a familia á unidade de atención máis axeitada. Tamén os centros educativos ou as propias familias poden poñerse directamente en contacto con este servizo a través do teléfono 982.43.51.76 para que os informen de cal é o proceso a seguir.

Artigos relacionados

Back to top button