Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

330 deportistas daranse cita no VII Trail Ribeira Sacra o domingo 8 de outubro

Presentación do VII Trail Ribeira Sacra.

 

A VII edición do Trail Ribeira Sacra, iniciativa coa que colabora a Deputación de Ourense, reunirá o vindeiro domingo, 8 de outubro, no municipio de Nogueira de Ramuín, a 330 deportistas procedentes de 14 comunidades autónomas de España, e de países como Andorra, Francia, Portugal, Qatar e Sur de África. Os organizadores da proba explicáronlle hoxe, no Pazo Provincial, ao vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Deportes, César Fernández, os detalles deste evento deportivo.

Na xuntanza, estiveron o alcalde e os concelleiros de Nogueira de Ramuín, Raúl Soto e Manuel Pereira, respectivamente; o xefe do servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; así como o presidente e membros do Club Grupo Cuevas Nogueira Trail, organizadores do evento.

 

 

O Trail Ribeira Sacra trata de promocionar Ourense e a Ribeira Sacra a través dunha experiencia única para os sentidos que fusiona: saúde, deporte, natureza, patrimonio e a posta en valor dos produtos da nosa terra. Durante a xornada levaranse a cabo presentacións e degustacións de produtos con música en vivo, animacións para todos os públicos e actividades para os máis cativos.

Este percorrido circular con base en Luíntra de 48 km e 3.450 m. de desnivel positivo, transcorrerá por lugares como o Castro de Moura, os Miradoiros dá Lampa e do Pé do Home. Ademais, realizarase unha parada gastronómica no Mosteiro de Santo Estevo, que culminará cunha degustación de polbo da man do recoñecido chef ourensán Paco Gómez, e pratos típicos da nosa gastronomía con adaptacións a celíacos e veganos.

Artigos relacionados

Back to top button