ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

350.000 euros para a primeira fase de rehabilitación da praza Maior do Barco

É unha das obras que figuran no suplemento de crédito, de 3 millóns de euros, que o grupo de goberno levará ao vindeiro pleno

Praza Maior do Barco./ Foto: A.R.

Entre os puntos da orde do día do vindeiro pleno ordinario do Barco, previsto para o 13 de xullo, figura unha o suplemento de crédito por valor de 3.050.000 euros con cargo ao remanente de tesourería do Concello. Así o anunciaba esta mañá en rolda de prensa o alcalde do Barco, Alfredo García. “Haberá dous tipo de actuacións, algunhas xa previstas e con partida, e outras que por diversas causas non se puideron executar, polo tanto temos que volver a habilitar unha partida orzamentaria para elas”. A intención é que “a maioría destas obras poidan adxudicarse entre os meses de setembro e decembro”, adiantaba o rexedor.

Entre as máis de 40 obras incluídas nese suplemento figura a primeira fase de rehabilitación da praza Maior do Barco, con 350.000 euros. O proxecto denominado “Reforma da Praza Maior, fonte, Porto da Barca, Camiño Real e beira do Sil”, para a rehabilitación integral desta praza do Barco e da súa contorna, “xa se sacou dúas veces a concurso público, e ten para esa primeira fase informe favorable de Patrimonio. Actuarase na escalinata, en parte da balaustrada, farase o arranxo da fonte e do entorno do Porto da Barca”, sinalaba o alcalde do Barco.

 

O alcalde do Barco, Alfredo García, na rolda de prensa xunto ao concelleiro Aurentino Alonso.

 

O suplemento tamén inclúe diversas melloras en aldeas do municipio, construción de muros, bacheados, o arranxo da estrada Éntoma-Veigadecabo, mellora do camiño entre Éntoma e A Veiga de Cascallá fase 1, mellora do camiño a Santa Mariña fase 4, construcións de dúas escolleiras en estradas, afectadas polas chuvias; a rehabilitación do edificio dos antigos xulgados ou a revisión dos parques infantís, entre outras actuacións.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button