DeportesFútbol salaÚltima hora

44 rapaces asisten ao Campus Futbol Sala Inter Ribeira Sacra que se desenvolve no pavillón municipal de Manzaneda

 

Na xornada deste luns 22 de xullo poñíase en marcha o I Campus Futbol Sala Inter Ribeira Sacra que se desenvplverá ata o día 26 nas instalacións do polideportivo e infraestruturas deportivas como pista multiporte, campo de volei ou piscina de Manzaneda.

Os 44 rapaces inscritos no campus, chegados diferentes concellos da contorna, levarán á práctica técnicas deportivas do fútbol sala da man do técnico  Augusto Adilson pero tamén aprenderán valores e ética deportiva e da vida, na que a cooperación e o bo trato son fundamentais. Tamén terán tempo para o ocio e o lecer.

Dende o concello de Manzaneda cederon o uso do pavillón e comparten o uso de diferentes instalacións deportivas, portando tamén froita para os nenos “xa que tamén é importante que adquiran hábitos saudables de alimentación”. A auga foi cedida por Distribuciones Roca.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button