Concellos

4,8 millóns de orzamento

Hernández supervisa a mellora da OU-121 (do Barco a Prada)
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Os traballos de mellora realizados na estrada OU-121 entre O Barco e Prada (A Veiga), cun orzamento de 4,8 millóns de euros, eran supervisados na mañá do 14 de agosto polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández. Este proxecto, que abrangueu unha lonxitude total de 26.180 metros, consistiu no ensanche da plataforma ata 7 metros e na rectificación das curvas “localizadas no dominio público, mantendo o trazado, así como a reposición completa de sinalización e balizamentos”.

Os alcaldes do Barco e da Veiga, valoraron de maneira positiva esta mellora da estrada, se ben o deste último concello, Edesio Yáñez, matizaba a necesidade de que se arranxe tamén o tramo de 15 km da estrada provincial que une Prada coa Veiga. “Imos seguir insistindo na Deputación para que a melloren”, dicía.

O conselleiro de Medio Ambiente estivo tamén en Carballeda de Valdeorras, coincidindo co inicio das obras da mellora do seu abastecemento.

Texto: O Sil/Redacción Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button