CulturaEducaciónSen categorizarÚltima hora

5 nenos do Barco entre os finalistas de “Deseña unha xoia para túa nai”

Os gañadores do concurso, convocado polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, coñeceranse o 24 de abril
Deseño de Saray Calle (11 anos) do CEIP Julio Gurriarán do Barco.
Deseño de Saray Calle (11 anos) do CEIP Julio Gurriarán do Barco.

O xurado da VI edición do concurso “Deseña unha xoia para túa nai” vén de elixir aos oitenta finalistas que este ano optan ao premio que convoca o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia. Nove deles son da provincia de Ourense: cinco alumnos do colexio Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras, dous da propia cidade das Burgas, un de Castrelo de Miño e outro de Vilardevós.

Eles, xunto cos outros finalistas, destacaron entre os máis de 8.000 nenos e nenas de toda a comunicdade que enviaron as súas propostas. Nun “difícil proceso de decisión, o xurado, composto por profesionais da xoiaría, a educación, a prensa e o mundo do arte, seleccionou 20 finalistas para cada unha das categorías do concurso (ata catro anos, de 5 a 7, de 8 a 10 e de 10 a 12)” explican dende o Coxga. Para esta selección, valorouse a creatividade do autor segundo a súa idade, a súa capacidade para representar a peza no deseño e a viabilidade para executalo.

Ademáis dos nove de Ourense, hai finalistas de Santiago, Padrón, Ordes, A Coruña, Sada, Culleredo, a Costa da Morte, Ferrol, Vigo, O Morrazo, Ponteareas, o Mariña lucense, Terra chá e O Incio. Dos oitenta seleccionados sairán os doce gañadores, tres por categoría, que o próximo 24 de abril poderán recoller en Santiago de Compostela a súa xoia feita realidade, a tempo para regalar no Día da Nai.

Os finalistas do Barco son: Edgar Rodríguez dos Santos de 3 anos; Nayara Basalo Ferrer de 4 anos; Javier Cid González de 5 anos; Nerea Torres Barbosu de 10 anos; e Saray Calle Ramírez de 11 anos.

Artigos relacionados

Back to top button