
A VII edición do Concurso Sabores de Ourense-Pinchos de Primavera 2023 daralles a coñecer a ourensáns e visitantes, desde hoxe ata o 1 de maio, a riqueza gastronómica da cidade a través de 50 pinchos elaborados por outros tantos establecementos hostaleiros da cidade.
Na mañá deste venres 21 de abril tiña lugar a tradicional foto de familia, cos gañadores da edición anterior con organizadores e patrocinadores, na praza do Ferro, que dá inicio a esta cita organizada pola Concellería de Turismo e Termalismo e desenvolvida pola Unión de Hostaleiros de Ourense (UHO).
Participan 50 locais nesta edición, na súa maioría emprazados no Centro Histórico (29), pero tamén no Ensanche (8), na avenida de Bos Aires (4), no barrio de San Francisco (3), na zona universitaria (2), na Ponte (2), na zona do Hospital (1) e no Couto (1). Os pinchos varían entre os 2,50 € e os 3,50 €, con alternativas para persoas celíacas, e participar na votación do público pode ter premio.
Consulta aquí todas as propostas Pinchos de Primavera 2023.