Co obxectivo de fomentar a participación da poboación no embelecemento dos núcleos do municipio, o Concello de Vilamartín de Valdeorras convoca o I Concurso de decoración do Nadal.
Segundo as bases, no certame poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade con residencia en Vilamartín, de maneira individual ou a través das asociacións de veciños que dispoñan de NIF e conten con previa inscrición.
Haberá dúas categorías, individual familiar (300 euros de premio) e asociación veciñal (500 euros de premio); e as inscrición poden facerse no Concello ata o 11 de decembro ás 14h.