DeportesKárateÚltima hora

9 medallas para os karatekas valdeorreses no Campionato galego absoluto e de clubs

O KC River Stone do Barco lograba seis (tres ouros, dúas pratas e un bronce) e o Shotokan A Rúa Karate Club tres (dúas pratas e un bronce)

 

Os karatekas valdeorreses volveron brillar con luz propia. Desta volta facíano en Chantada (Lugo), onde tiña lugar o Campionato Galego de Karate Absoluto e de Clubs o sábado 4 de febreiro. As categorías sénior e veteranos abrían a competición na xornada de mañá, mentres que os deportistas das categorías inferiores medían as súas forzas na xornada de tarde, en competición por equipos mixtos.

Así, o River Stone do Barco facíase cun total de seis medallas: tres ouros, dúas pratas, un bronce. Os ouros eran para Leyre Paradelo, Laia Yáñez e Ariadna Álvarez, en kata benxamín mixto; Héctor Amaro, Fuensanta Blanco e Brian Rodríguez, en kata xuvenil mixto; e Nicolás Rodríguez, en kata veteranos2 masculino (46-58). As pratas eran para Eric Rodríguez, Miguel Crespo e Daniela Rodríguez, en kata alevín mixto; e Cloe Yáñez, Aina Moral e Diego Prada, en kata xuvenil mixto. O bronce era para Antonio Vaquero Pol, en kumite veteranos open +35.

 

KC River Stone.

 

O xove Shotokan A Rúa Karate Club, SHARK, pola súa banda conseguía un total de tres medallas: dúas pratas e un bronce. As pratas eran para Uxía André, Evan Arias e Cira Fernández, en kata benxamín mixto; e Raquel Fernández, en kata veteranos1 feminino (35-45). O bronce era para Telmo Casas, Yago Rodríguez e Sergio Estévez, en kata benxamín mixto.

Importantes foron tamén as actuacións dos equipos do River Stone; o alevín mixto, formado polos karatecas Manuel Blanco, Diego López e Raúl Pérez, e o equipo infantil mixto, formado por Nazan Barreda, Pablo Prada e Jose Carrera. Ambos, xunto co equipo xuvenil mixto do SHARK, formado por Mateo Núñez, Iago Dobao e Lucas García, quedaban ás portas do podio, alcanzando todos eles quintos postos na clasificación final.

 

Shotokan A Rúa Karate Club, SHARK.

 

Os adestradores de ambos os clubs valdeorrese, Nicolás Rodríguez e Raquel Fernández, móstranse moi satisfeitos cos resultados. A próxima cita disputarase en Santiago de Compostela, onde se celebrará o Campionato Galego Infantil o 25 de febreiro.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button