Dende hai máis de vinte anos o Distrito Sanitario de O Barco de Valdeorras (hospital e centros de saúde) elixe a postal de felicitación do Nadal a través do concurso interno convocado para os fillos dos empregados. Nesta ocasión foron 93 os castivos participantes (25 na categoría de 1-4 anos; 44 na de 5-8 anos; e 24 na de 9-12 anos, plasmando sobre o papel a súa particular visión destas festas. Imaxes de Papá Noel e os seus renos, dos Reis, do belén, da árbore, dos elfos,…

Algúns son apenas uns trazos mentres que outros inclúen fermosas mensaxes, empregando en moitos casos as mans como plantel, incluíndo materiais como purpurina, papeis de cores, algodón e mesmo borlas brillantes. A forza da imaxinación e o traballo manual elevados ao máximo expoñente.

Segundo o xurado, reunido na mañá deste venres 15 de decembro, na categoría 1-4 anos o elixido foi o debuxo de Iado de 3 anos; na de 5-8 anos o de Alana de 7 anos; e na de 9-12 anos o de Gala de 10.

Fotos: Mónica G. Bellver.