CulturaCulturaÚltima hora

O Concello de Verín abre o prazo para participar no concurso do cartel oficial do Entroido 2019

Os traballos presentados expoñeranse do 1 o 9 de decembro na Auditorio Municipal de Verín, no marco do III FIC–Vía XIV
Cigarróns o Domingo Corredoiro, en Verín.

Declarado Festa de Interese Turístico Nacional, o de Verín é un dos Entroidos máis destacados de Galicia, por iso dende o Concello poñen en marcha, con máis de catro meses de antelación, a maquinaria para a organización da edición de 2019. E faio coa convocatoria do concurso para seleccionar o cartel oficial das festas, no que poderán tomar parte todos os creadores españois ou estranxeiros que así o desexen, co número de traballos que estimen oportunos, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais.

Dacordo coas bases que poden consultarse na páxina web do Concello (www.verin.es) as obras levarán como único texto “ENTROIDO 2019-VERÍN. 21, 24 e 28 de febreiro e 1, 2, 3, 4 e 5 de marzo. Festa declarada de interese turístico nacional” sendo o tema de libre elección e interpretación do autor debendo recoller o espírito entroideiro de Verín.

A data límite para a presentación dos traballos é o 30 de novembro de 2018 e os carteis presentados expoñeranse do 1 ao 9 de decembro no Auditorio Municipal de Verín, no marco da III edición do Festival Internacional de Curtas–Vía XIV. Durante estas datas os veciños poderán votar, previa presentación do DNI, o deseño que máis lles guste. Tras o período de exposición realizarase o reconto e o cartel con maior número de votos será o gañador. En caso de empate, terán dous días máis de votación aquelas obras que, resultante do voto popular, obteñan a condición para desempatar.

O premio para o gañador consistirá na edición do cartel seleccionado e nunha dotación económica de 600 euros.

 

Cartel do concurso.

Artigos relacionados

Back to top button