En segundo lugar quedaban a Cafetería Arcoiris e D’Chus, tamén no Barco
Poucos días despois do peche da campaña de Nadal da Asociación Empresarial de Valdeorras (Aeva) e do Barco Centro Comercial Aberto, estas entidades veñen de facer público a través das redes sociais o nome do establecemento ganador deste certame. Trátase de Ton y Son, situado na rúa Eulogio Fernández do Barco.
Este escaparate lograba sumar (a través de gústames nas redes sociais) un total de 135 votos. En segundo lugar, quedaba con 101 votos Cafetería Arcoiris, e de seguido, de D’Chus 88 votos.