ConcellosO BarcoÚltima hora

Segundo día de rodaxe de ‘Dopamina Zero’ no Barco

Na tenda de música Ton y Son e na rúa Marcelino Suárez

 

Segundo e intenso día de rodaxe para o equipo de ‘Dopamina Zero’ no Barco de Valdeorras. Se onte a rodaxe trancorría en interior (do Café Teatro Bajo Cinco e o piso na rúa Marcelino Suárez), na xornada deste mércores 9 de abril o equipo rodaba tamén en exterior.

Pola mañá, na tenda de música Ton y Son (interior e exterior) e tamén varias esceas na rúa Marcelino Suárez coa colaboración da Policía Local e Protección Civil; e pola tarde de novo en Ton y Son, tanto na tenda coma no estudo de grabación.

 

 

Mañá xoves 10 de abril pola mañá, o equipo de rodaxe trasladarase ata o aparcamento do parque do Malecón para rodar no interior dun coche. Pola tarde rodarán no interior do piso, na rúa Marcelino Suárez.

Fotos: Mónica G. Bellver/ Carlos G. Hervella/ Cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button