EconomíaEconomíaÚltima hora

O Balneario de Cortegada estrea novas instalacións

O acto inaugural contaba coa asistencia do presidente da Xunta de Galicia, entre outras autoridades
Inauguración das novas instalacións do Balneario de Cortegada.
Inauguración das novas instalacións do Balneario de Cortegada.

O termalismo é un deses selos de calidade que nos diferenza como un destino único e de innumerables posibilidades. Deste xeito se manifestaba o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez, no acto inaugural das novas instalacións do Balneario de Cortegada, na tarde do 12 de marzo.

Ademais incidía en que actualmente contabilízanse na comunidade máis dunha vintena de balnearios cun volume de negocio que supera os 60 millóns de euros e que xeran 1.400 empregos directos. “De feito, Galicia é a autonomía con maior número de balnearios e a que conta con máis establecementos certificados coa Q de Calidade Turística”, matizaba Feijóo.

O titular do goberno galego tamén apuntaba que a finalización das obras deste balneario ourensán é unha das actuacións recollidas no Plan de turismo termal que a Xunta aprobou o pasado ano, e que representa un dos piares do Plan integral de turismo de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button